Rodríguez Barrio gaña o Premio Cidade de Ourense

X.?F. redacción / la voz< / span>

SANTIAGO

O poeta volve con «Calado testamento» á actualidade editorial despois de case vinte anos

19 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Xavier Rodríguez Barrio (Lugo, 1956) levaba case vinte anos sen publicar poesía, dende a aparición de Antiga claridade, en 1992. O seu regreso poético ao prelo, Calado testamento, obtivo onte o

Premio Cidade de Ourense, dotado con 6.000 euros e un dos máis veteranos da escena galega, con 27 edicións.

Aínda que non dedicou estes case dous decenios a este único libro, Rodríguez Barrio sinalou que é o seu traballo máis repousado, escrito «cunha calma terrorífica», como explicou onte. Así, tampouco resulta alleo a esta circunstancia o feito de que o paso do tempo sexa o fío que conecta os poemas do libro. «Está concibido como un diálogo con sombras, todas coñecidas, do entorno familiar: a miña nai, por exemplo, que encarna a evidencia de que o tempo pasou por ambos os dous», describiu onte o poeta.

Rodríguez Barrio comezou a publicar moi novo, xa que tiña 17 anos cando apareceu o seu libro. «A miña xeración tiña moitos libros publicados, e creo que era un bo momento de facer esta longa pausa». Malia o seu título, Calado testamento non será o derradeiro libro do escritor. «Espero non tardar outros vinte anos en rematalo», concluíu.