«Reunín textos espallados moi distintos para visibilizalos»

c.p. santiago / lA voz

SANTIAGO

18 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O escritor lucense Isidro Novo presentou na Libraría Couceiro Cabalos do demo e outros invertebrados, un libro publicado pola editorial Trifolium no que o autor reúne cinco relatos publicados en distintos xornais e publicacións. «Apeteceume reunir estes textos precisamente porque son moi distintos entre si, de rexistros diferentes. Quería facer algo antiacadémico, sen un fío que os vincule». Animouno, ademais, «unha certa necesidade de visibilizar narracións que naceron por motivos puntuais». O máis longo é o primeiro, Cabalos do demo, no que rememora a etapa da infancia vivida na bisbarra de Viveiro, de onde é parte da súa familia. Con este relato mereceu o premio Murguía de 1995. Entre os outros invertebrados, hai un sobre carapuchiña vermella por mor do 300 aniversario dos contos de Perrault e outro sobre o Camiño Inglés. Ten unha novela «á que lle ando dando voltas» e un poemario «que vai lento».