«Neste libro os textos nacen das imaxes de EmilioAraúxo»

c.p. santiago / la voz

SANTIAGO

25 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A escritora e xornalista Lupe Gómez presentou na librería Pedreira A grafía dos mapas (Toxosoutos), unha obra poética que non é só un poemario, porque tamén hai nela teatro, ensaio e as fotografías de Emilio Araúxo que lle deron pé a deixar voar a súa imaxinación para crear «combinando imaxes e textos, a grafía e os mapas, algo que me gusta facer moito, e que neste caso son fotografías do entroido de Ourense, que non coñezo ben, pero que me serviron para regresar á miña infancia e ao entroido en Fisteus».

Na presentación falou de Lupe e da súa obra a tamén poeta e bailarina Branca Novoneyra, e houbo una parte musical a cargo de Xavier Díaz e Guille Fernández. Antes, a autora leu algúns dos seus textos e falou da xeografía case íntima «e inventada» da rúa do Home Santo, na que está a librería e que forma parte do barrio no que vive Lupe, «un verdadeiro barrio literario».