«Temos tres mil socios e moitos xa o son desde que nacen»

JOEL GÓMEZ*+ROGELIO AMIEIRO LÓPEZ presidente da mutualidad unión protectora SANTIAGO

SANTIAGO

16 ene 2011 . Actualizado a las 07:00 h.

Desde 1892 funciona en Santiago a Unión Protectora de Artesanos, que no ano 2005 modificou o seu nome, para non coincidir con outra entidade da cidade de finalidade semellante. Rogelio Amieiro é o presidente desde hai 25 anos e fala con paixón da historia, do conseguido na súa etapa e das perspectivas de futuro, cando acaban de aumentar algunhas prestacións.

Chegaron a 119 anos de historia, ¿cal é a realidade da entidade?

Agora estamos centrados na asistencia sanitaria. No noso cadro médico hai un cento de profesionais de varias especialidades, e os centros privados da cidade, e con La Rosaleda temos concertadas tamén as urxencias.

¿Todos os socios son artesáns?

Iso foi ao comezo, agora non, agora pode ser socia calquera persoa, o único que esiximos é que teña menos de 50 anos. A cuota para os titulares é de 20 euros ao mes, e inferior para os seus familiares.

¿Como conseguen dar asistencia con cantidades tan baixas?

É que temos 3.000 socios e moitos xa o son desde que nacen. Hai persoas de 60 e máis anos, de Santiago e concellos próximos, a quen deron de alta os pais, e en ocasións cotizan toda a vida. Cos especialistas acertamos un prezo e pagamos sen demoras, para corresponder tamén á celeridade que teñen coa nosa xente, sen listas de espera. Non debemos nada a ninguén, e penso que se nos coñece por ser bos pagadores.

¿Como é que non teñen lista de espera?

Nas prestacións que ofrecemos non a hai, e ben se pode comprobar: para unha mamografía, unha análise e outras probas a atención é inmediata. E o mesmo para operar unha hernia, a vesícula ou cataratas. Para outras doenzas máis graves é loxico que a xente vaia ao hospital.

¿E manteñen as prestacións?

¿E manteñen as prestacións?

Mantemos, e en certas probas de radioloxía, ou en estudos como os de holter, desde este mes mesmo as aumentamos. E queremos que entre xente nova, para poder ofrecer máis.

¿Tamén máis especialistas?

O noso cadro médico xa é moi ambicioso, están os principais especialistas da cidade, e así se pode comprobar na nosa páxina de Internet.

Leva 25 anos de presidente, ¿como foi esta experiencia?

Cando cheguei á presidencia había unha débeda de 6 millóns de pesetas [uns 36.000 euros] e, como se pode comprobar nas actas e na historia da entidade, unha das principais aspiracións, para a que se constituíron comisións en moitas ocasións, xa desde hai máis de cen anos, era ter unha sede propia. Agora temos sede en propiedade na rúa do Hórreo, e mesmo a estamos a ampliar ao comprar outra propiedade, e contamos cun patrimonio importante.

presidente da mutualidad unión protectora