23 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
A asociación micolóxica Sendeiriña do Val de Barcala deu onte comenzo ao seu Outono Micolóxico cunha exposición de cogomelos que, por terceiro ano, levouse a cabo no instituto de Negreira coa presenza de 53 especies distintas.
A raiña da mostra foi unha boletopsis leucomelanea (non comestible), achada na zona brionesa de Ons. Non será a única actividade que leve adiante a asociación micolóxica de Barcala, que prepara tamén varias saídas para recoller setas ademais dunhas xornadas con especialistas en micoloxía co fin de divulgar a recolleita de cogomelos en todo o Val de Barcala, que posúe unhas condicións climáticas axeitadas para unha producción de calidade, segundo estiman na asociación micolóxica.