A Feira do Libro de Melide presenta a novidade dun libro de antroponimia

La Voz MELIDE/LA VOZ.

MELIDE

Joaquím Vázquez, técnico de normalización lingüística do Concello de Melide, é o autor dunha publicación que achega unha proposta renovada sobre a antroponimia galega e, polo tanto, alternativa á que recollen os dous dicionarios de nomes que saíron do prelo nos últimos anos baixo o selo editorial de Xerais e de Ir Indo. Os nosos nomes. Glosario de antroponimia galega é o titulo da obra, que se presentará hoxe no marco da Feira do Libro que se celebra esta fin de semana na localidade melidá.

Unha das novidades da publicación onomástica é que propón a innovación dos nomes galegos dende una perspectiva histórica, de xeito que incorpora formas grafadas segundo a tradición galego-portuguesa. Joam, Ugia, Juiao, Marinha ou Olalha son algúns deses nomes, que, ademais de seren cada vez máis frecuentes, contribúen á renovación da onomástica galega ao tratarse de formas historicamente existentes en galego que visten os nomes dunhas grafías distintas ás contempladas até o de agora nos diccionarios de nomes galegos.

A publicación, editada polo Servizo de Normalización Lingüística de Terra de Melide, renuncia aos nomes que se escriben igual tanto en galego como en castelán.