«Falo do cotiá e do ser galego, pero non me gusta recorrer ao tópico paisano»

C. P.

SANTIAGO

O teatro tiroulle a Alberte Montes. Con con 14 anos xa era actor en grupos afeccionados, e acabou estudando teatro en Barcelona, onde desenvolve a súa actividade como actor, «pero veño a Galicia actuar puntualmente, polo menos cada catro meses». Esta noite ás once ofrece un dos seus monólogos no pub A Taquilla.

-¿Que tipo de monólogos fai?

-Son textos humorísticos que parten de historias cotiás propias, pero nas que calquera persoa se pode ver reflectido. Están contadas cun estilo bastante explosivo e toques de actualidade.

-¿Como descubriu esta faceta?

-Soa tópico, pero actuar dábaseme ben dende pequeno, así que decidín profesionalizar o ser o gracioso do grupo de amigos. Teño un espectáculo de monólogos, e montamos un grupo coa que estreamos a finais de abril unha comedia no Teatre Neu.

-¿Leva cousas na recámara para enfrontarse a un ou outro público?

-Si, pero ás veces o que funciona é a improvisación, nunca sabes moi ben como reacciona o público. Aquí cambio de chip, porque o enfoque non pode ser o mesmo que en Barcelona.

-¿Non cree que hai tendencia a abusar dun humor burdo?

-Hai certos tópicos do ser galego que eu tamén teño utilizado, pero o gag insistente nesa liña roza a burla. Non me gusta recorrer ao tópico do paisano, nin caer na imaxe do galego desconfiado e analfabeto que se dá de nós na por aí fóra.