«A dos irmandiños é a única revolta popular dos galegos contra as elites»

C. P.

SANTIAGO CIUDAD

26 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O profesor e historiador medieval da USC Carlos Barros presentou na Libraría Couceiro o seu libro, Torres, varas e demos. Os irmandiños da ría de Muros-Noia , publicado pola editorial Toxosoutos.

-¿Que recolle neste libro?

-Forma parte da principal liña de investigación que desenvolvo dende hai dúas décadas, que é a revolta irmandiña en Galicia. E agora estou facendo itinerarios locais, porque aparte de achegar o tema ás comarcas, mellora a visión do conxunto.

-¿Que aporta o de Muros-Noia?

-Nesta área é onde fixen o maior esforzo de investigación, que non é doado, porque as fontes son escasas. pero en 1469, no concello de Noia acordouse pedir a confirmación dos nomeamentos dos alcaldes a Fonseca, o vello, o que confirma a habilidade política dos líderes urbanos da revolta. E aparecen as varas de mando dos alcaldes, con frechas de besta pintadas, que simbolizan o movemento irmandiño, porque era coas que executaban aos delincuentes.

-¿Seguirá con estes estudos?

-Fixen os de Pontevedra e Terras de Lemos, pero só publiquei artigos, e seguirei, porque é a miña lina de traballo e porque a revolta irmandiña é a única «revolución» popular do século XV que fixemos os galegos contra una elite de señores.

-¿O termo irmandiño é daquela?

-É un invento dos galeguistas, pero no século XX asimílase con rebeldía e desconformidade, está vivo.