pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | agustín pena secretario da asociación de veciños Raigame do ensanche compostelán «Os veciños queremos participar na vida de cidade aportando ideas»

Agustín Pena considera que a estación do AVE e a remodelación da praza de Galicia son dúas excelentes oportunidades para unir o Ensanche co resto da cidade

Autor:
Marga Mosteiro
Fecha de publicación:

Agustín Pena é secretario da Asociación de Veciños Raigame do Ensanche e tamén un dos máis activos representantes veciñais do ámbito urbano no Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago.

-¿Que lle falta ao Ensanche para ser un lugar perfecto para vivir?

-O Ensanche mellorou moito nos últimos anos, pero aínda queda moito por facer. Penso que máis que obras, falta corrixir unha serie de carencias, o que depende da boa vontade de todos. Dos políticos, pero tamén da xente, dos hostaleiros, dos empresarios, de nós mesmos.

-¿Non son moitos para poñerse de acordo?

-Pero paga a pena.

-¿Cales son as cousas que deben mellorar?

-A limpeza, por exemplo, fan falla máis camións, máis varredores polo día e, sobre todo, o Concello ten que implicarse máis para concienciar á xente. Hai que traballar máis a limpeza xeral; non poden estar as farolas cheas de pegadas. A imaxe hai que coidala. É certo que non é cousa só do Concello, tamén da xente, pero o Concello ten que facer cumprir as normas. Outra cuestión son os aparcamentos para motos; nós pedimos un reservado en Fernando III O Santo, pero non atenderon a petición. Se me ocorren outros, como a sinalización. Sabes que non hai ningún sinal no Ensanche para ir á Catedral; os turistas que aparcan nos aparcamentos do Ensanche teñen que preguntar por onde se vai á Catedral. É como se o Ensanche fora outra cidade.

-A proposta veciñal para a praza de Galicia era moi arriscada, pero na súa esencia estaba lograr a conexión Ensanche-casco...

-Exacto. Hai que cambiar o chip. Non se pode ir co coche a todas partes. Nós propoñiamos peatonalizar a Senra, nós cremos que non se pode cambiar só a praza. A remodelación da praza é unha oportunidade para facer unha reforma integral da zona, incluídas as rúas cercanas. Trátase de integrar, non de separar. Ao Ensanche fáltalle a conexión co casco histórico, aínda que algo mellorou; xa non é como hai 15 ou 20 anos, pero segue a ser unha realidade.

-¿Que vai significar a estación do AVE para o Ensanche?

-Outra oportunidade para escoitar aos veciños, pero están falando entre eles. Non hai información aos veciños, que ao final somos os que sufriremos as consecuencias. O plan o farán os técnicos, que certamente son expertos, pero os veciños coñecemos esta cidade e as súas particularidades. A estación é unha oportunidade para romper co illamento que supón a barreira da avenida do Hórreo. Temo que non escoitarán aos veciños, pero tampouco ao Colexio de Arquitectos, nin aos empresarios nin aos comerciantes. Non pedimos que fagan o que nós queremos, pero polo menos que escoiten como vemos nós o problema.

-¿Séntense os veciños escoitados polo Concello?

-Dende hai uns poucos meses un pouco máis, pero aínda poden mellorar moito. Coido que teñen unha idea equivocada dos veciños. Nós facemos críticas construtivas. Os veciños vivimos a diario cos problemas e moitas veces vemos cuestións que eles nin sequera se plantexaron.

-¿Por que non os escoitan?

-Quizais sexa medo, eu que sei. Eu creo na democracia participativa e os políticos só falan de democracia representativa.

-Participativa quere dicir intervir nas decisións políticas. ¿Aí pode estar o medo?

-A decisión final sempre a teñen eles. Nós non queremos tomar as decisións, pero tanto os veciños como outros colectivos teñen moito que dicir. Os proxectos están feitos por expertos que non viven a cidade, que non a coñecen como os que a vivimos a diario. Aportamos ideas, non queremos poñer atrancos. Hai que abrir debates, deles poden saír solucións para as cousas que afectan aos veciños.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | agustín pena «Os veciños queremos participar na vida de cidade aportando ideas»

Agustín Pena considera que a estación do AVE e a remodelación da praza de Galicia son dúas excelentes oportunidades para unir o Ensanche co resto da cidade

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Os veciños queremos participar na vida de cidade aportando ideas»
Agustín Pena lamenta que non se escoite aos veciños
Autor de la imagen: | ÁLVARO BALLESTEROS
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.santiago
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.