pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

a pie de calle «A poesía resulta estraña cando se sae do amor, o erotismo e a paisaxe»

estíbaliz espinosa Poeta

Autor:
C. P.
Fecha de publicación:

A poeta Estíbaliz Espinosa ofreceu hai dous días un recital multimedia no centro sociocultural da Trisca, incluído dentro do programa letras vivas. A autora recitou os seus poemas co apoio de imaxes e da música.

-¿Os medios audiovisuais non distraen a atención sobre os poemas?

-A intención é xustamente a contraria, non distraer e dicilos doutro xeito. Pero é verdade que a xente queda hipnotizada cando lle pos diante unha pantalla. Neste caso proxectei os meus textos, e non outro tipo de imaxes como fago outras veces, ademais de recitalos e de determe a explicalos de maneira moi didáctica, encadeando con silencios.

-¿O formato varía segundo os públicos posibles?

-Si, porque cando se trata de persoas maiores e sen hábito de ler e escoitar poesía non lle podes por cousas moi experimentais. Ás veces é complicado, porque poden ser textos poéticos máis ou menos herméticos, ou porque o tema non se comprende dentro do que se entende convencionalmente por poesía. Resulta estraña cando se sae do amor, o erotismo ou a paisaxe. Un poema que fala das matemáticas, como o meu Matemáxicas , é raro.

-¿Percebe cambios no público menos afeito despois destes recitais?

-Hai xente que noto que non, que non lle chega. Están ancorados nunha poesía tradicional, e cando non hai rima non lles parece un verso. A poesía sempre ten unha recepción moi ambigua.

 

ENVIAR NOTICIA  

a pie de calle «A poesía resulta estraña cando se sae do amor, o erotismo e a paisaxe»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«A poesía resulta estraña cando se sae do amor, o erotismo e a paisaxe»
Estíbaliz Espinosa, no recital multimedia que ofreceu no CSC da Trisca
Autor de la imagen: | SANDRA ALONSO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.santiago
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.