«As mulleres sempre somos máis emprendedoras e decididas para sacar adiante a vida e aos fillos»
SANTIAGO
30 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Pilar asegura que as mulleres «sempre somos máis emprendedoras e decididas para sacar adiante a vida e sobre todo aos fillos». Coñeceu moitas ao longo da súa traxectoria profesional, pero cita en varias ocasións á súa nai, «que foi unha gran educadora, moi buscavidas para criarnos e procurarnos unha vida mellor ca dela». E tamén pon por caso á súa familia. Foron dez irmáns, pero catro faleceron de moi pequenos, e quedaron cinco mulleres e un home. «E a verdade é que as mulleres fomos emprendedoras, traballadoras, buscavidas... Non quere dicir que foramos moi afortunadas nos nosos matrimonios, pero saímos todas adiante».