Destacan en Oroso a importancia de Ramón Piñeiro para o galeguismo

La Voz

OROSO

Oroso despediu o seu programa de actos do Día das Letras Galegas coa presentación do libro de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría Diccionario Ramón Piñeiro . Segundo este autor, Piñeiro foi a persoa más importante do galeguismo dende Castelao. O concelleiro de Cultura de Oroso, Eduardo Veiras, destacou que «é un orgullo acoller dúas presentacións de libros en tan só quince días».