Antón Patiño presenta a súa pintura en «Rostros e labirintos»
30 abr 2009 . Actualizado a las 19:22 h.Hai tormentas case todos os días. Hai tormentas e case non temos impermeables. A pintura de Antón Patiño é tormentosa. Caen signos e xestos dunha maneira dobremente intencionada. Dunha banda como fervenza de cousas que van sobre o espectador, doutra están como esa acumulación de signos, de iconos e de trazos que, segundo a sabedoría popular, algo queren dicir. O coñecemento non é labiríntico, o que é labiríntica é a maneira en que nós chegamos a el, aínda que a xente confíe en Google.
Nun sentido directo Patiño fai un retrato dos labirintos de case todos os días. Pero hai unha interpretación máis: eses labirintos tormentosos non son buscados, caen arredor de nós ata converterse nun sistema no que é difícil orientarse. O labirinto é unha maneira de escala contra a que algún día teremos que disparar.