O Certame Literario, que comezou onte, repartirá máis de mil euros o Día das Letras Galegas galegas

La Voz

SANTIAGO

A sexta edición do Certame Literario Concello de Ames arrancou onte no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Así, os interesados en participar nalgunha das dúas modalidades do concurso, narrativa e poesía, xa poden comezar a escribir.

O concurso divídese en tres categorías. Por unha banda están os cativos de menos de 13 anos, dos que os tres primeiros clasificados obterán premios de 120, 90 e 60 euros respectivamente. Os rapaces de entre 14 e 18 loitaran entre si polos 150, 120 e 90 euros dos tres primeiros postos; mentres que os tres gañadores de máis de 18 anos obterán 210, 150 e 120 euros respectivamente.

Os interesados poderán presentar os seus traballos ate o próximo 20 de abril. A extensión dos mesmos debe andar entre as dúas e as seis follas, no caso da narrativa, ou os 20 e os 50 versos se se trata de poesía.

O anonimato é moi importante neste certame e ningunha das catro copias que hai que enviar pode levar o nome do seu autor, que se xuntará cos restantes datos persoais, nun sobre onde soamente poderá figurar un pseudónimo.

Deste xeito, o nome do gañador será, ate o Día das Letras Galegas, todo unha incógnita.