«A auga ten moita plasticidade e provoca emocións ben diferentes»

C. P.

SANTIAGO CIUDAD

O Museo do Pobo Galego reúne nunha das súas salas dende onte a exposición organizada pola concellaría de Cultura compostelá Retratos de auga , trinta imaxes dunha gran beleza captadas por Fuco Reyes (Compostela, 1965). Este fotógrafo, que une ao seu traballo artístico o que desenvolve nun amplo abano comercial, asegura que compón a realidade «mesturando o inmediato dun instante coa miña maneira persoal de asomarme a traveso do visor da cámara»

-¿Como son os retratos da auga?

-Captando os diferentes aspectos da auga, que aquí, como estamos tan acostumados a que caia do ceo, esquecemos que ten moitas outras manifestacións coma o xeo, o mar, un lago, un río ou saíndo dunha billa. Xunteinas todas e aí están.

-¿Por que a auga?

-É un elemento que me gusta, e ademais está moi presente na nosa vida, aínda que non reparemos niso, agás cando a botamos de menos porque nos falta. A auga ten moita plasticidade e provoca emocións ben diferentes segundo onde estea, emocións que por outra parte recoñecemos todos.

-¿Son doadas de vender por iso?

-Si, porque é un traballo amable, imaxes moi estéticas e cun achegamento directo á realidade malia o enfoque persoal co que as fago.

-¿Estas imaxes son de Galicia?

-A maioría, porque agás un par delas que fixen no alto de Atlas, en Marrocos, e unha de Praga, de xeo, as demais son de distintos sitios de Galicia.