A Casa-Museo de Rosalía de Castro inaugura na súa sede de A Matanza un aula didáctica

U.L.

SANTIAGO

17 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro inaugura hoxe unha aula didáctica nas súas dependencias de A Matanza, no concello de Padrón. O acto, que comezará as once da mañá, conta coa presenza da presidenta da Fundación, Helena Villar; da secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López e do presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda.

O acto tamén servirá para facer a presentación do audiovisual O Tesouro de Mou, así como para a representación de Retrato de Familia, que é o título do primeiro premio Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas, a cargo do grupo de teatro do centro A Dobrada de Vigo.

Ademais de poñer a Casa-Museo de Rosalía ao servizo do ensino galego, outro dos obxectivos da aula didáctica é promover a entrada da autora galega e a súa lectura nas clases dos primeiros niveis de educación, ao tempo que pretende proporcionarlle ao profesorado «orientación, materiais e esquemas de traballo que permitan introducir no currículo dos diferentes niveis o coñecemento e significación de Rosalía de Castro e da súa obra», segundo a Fundación padronesa.