pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

a pie de calle «O que me interesa á hora de crear é o proceso, neste caso un espazo vivo»

rita rodríguez Artista plástica

Autor:
C.?P.
Fecha de publicación:

A artista Rita Rodríguez (A Coruña, 1981) inaugura esta tarde na Zona C, en San Domingos de Bonaval, unha intervención artística que nace a proposta de Ana Justo, alumna do máster de Arte, Museoloxía e Crítica contemporáneas da USC, para o seu proxecto final do postgrao como comisaria de exposicións. No marco da colaboración da Consellaría de Cultura con este curso, a iniciativa foi seleccionada para a súa presentación nesta sala municipal.

-¿Como xurde esta colaboración?

-Chamoume Ana Justo para propoñerme facer un proxecto de intervención que me interesou moito, porque está na liña do meu traballo de creación mediante procesos nos que a xente participe de maneira voluntaria, implicándose, como busco neste caso.

-¿En que consiste?

-A sala está pintada de branco, incluído o chan, e hai papeis brancos para que o público faga trazos en negro como queira ao son da canción Stand by me . Un botón acciona a música e a gravación en vídeo de dous minutos da acción, que se van acumulando e que se poden proxectar nun cuarto ao lado.

-¿Que busca con este proceso en construción?

-Interésame a arte en acción, o proceso como un espazo vivo. Hai cousas controladas, pero o que busco é o inesperado, investigar a reacción da xente. O resultado final non importa como tal. Se as paredes se enchen de negro, perfecto, pero se non, tamén.

 

ENVIAR NOTICIA  

a pie de calle «O que me interesa á hora de crear é o proceso, neste caso un espazo vivo»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«O que me interesa á hora de crear é o proceso, neste caso un espazo vivo»
Rita Rodríguez, na sala da Zona C na que inaugura esta tarde
Autor de la imagen: | PACO RODRÍGUEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd