Miles de persoas reclamarán hoxe nas rúas da cidades máis usos e presenza para a lingua galega. Para as 12.00 están convocadas dúas manifestacións, as dúas na Alameda: unha da Mesa pola Normalización Lingüística, co lema «Polo dereito a vivirmos en galego», e outra da Associaçom Galega da Língua, co de «A nossa língua é internacional».
A Mesa presentou onte a súa mobilización que terá o seu fin na Praza da Quintana. O presidente da entidade, Carlos Callón, afirmou que a apoian 477 entidades, entre elas os concellos de seis das maiores cidades galegas (todos, excepto o de Lugo). A última vez que a Mesa convocou unha manifestación pola lingua foi secundada por 155 entidades e reuniu por volta de 20.000 persoas, polo que nesta ocasión aspiran a superar esa cifra.
O acto final será presentado pola actriz Isabel Martínez-Risco, coñecida por intervir na serie televisiva Padre Casares e por outros traballos. O manifesto será lido pola xuíza de Compostela Ana López-Suevos; polo director de cinema Ignacio Vilar; por Xesús Torre, a quen rexeitaron para un traballo nun hotel de Vigo pola súa defensa do idioma; e Eduardo Álvarez, profesor de secundaria da Coruña a quen sancionaron por esixir o dereito a se poder expresar e recibir información en galego na Xustiza, explicou Callón. Ás 16.30 a Mesa organiza unha festa infantil con actividades circenses e musicais na o Toural.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios