pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | Ângelo cristovão DIRECTIVO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE PADRÓN que falou no parlamento de portugal «Galicia debe participar na lusofonía con normalidade»

Valora o mercado e a lingua dos países lusófonos como «unha oportunidade e non unha ameaza para nós»

Autor:
J. Gómez
Fecha de publicación:

Este padronés foi un dos dous representantes galegos que falou o día 7 na sesión monográfica da Assembleia da República de Portugal sobre o Acordo Ortográfico. «A experiencia foi para nós con normalidade, desde o momento en que a Associaçom Galega da Língua recibiu o convite e nos deu a oportunidade de participar á Associação Pró Academia Galega da Língua Portuguesa, pola que eu interviñen. De feito representamos ao noso país. Sei que algunhas persoas non gustan de escoitar isto; porén, así fomos presentados, e ese foi o tratamento que nos deron nos medios de comunicación».

-¿Que conclusión lle merece esa participación no Parlamento de Portugal?

-Penso que Galicia debe participar na lusofonía con normalidade. O mercado e a lingua dos países lusófonos son unha oportunidade e non unha ameaza para o noso país. Destacaría a normalidade con que nós fomos recibidos, que dá a entender que estamos a un nivel de maturidade para asumir responsabilidades.

-¿Como é iso?

-O reintegracionismo talvez teña pecado durante moito tempo de usar discursos de vitimismo, ao mellor non tiña outro remedio. Estou certo que iso se vai acabar, porque o paso que demos en Lisboa terá repercusións importantes. Xa hai algúns procesos abertos que espero que as autoridades políticas saiban ver e apoiar.

-Hai quen ve como certa clandestinidade na súa presenza en Lisboa...

-Non temos nada que ocultar. Previamente eu mesmo informei ao Goberno galego, e tamén foi informada a Embaixada de España en Portugal. En Lisboa presentamos o movemento cultural lusófono do noso país como un movemento cívico, serio, comprometido e disposto a asumir responsabilidades, como evidencia o texto conxunto lido no Parlamento de Lisboa por Alexandre Banhos, a quen persoalmente lle estou moi agradecido. As entidades lusófonas sempre estaremos dispostas ao diálogo e a colaborar

-¿Que van facer agora?

-Continuará a presenza galega nos foros lusófonos e nós continuaremos a facer o noso papel, coas portas abertas á colaboración de máis entidades e tamén das autoridades políticas, que talvez se sintan interesadas neste proceso de aproximación, en que nós levamos máis de dúas décadas pedindo a presenza galega na comunidade de países de lingua portuguesa. Pedimos entrevistas co presidente da Xunta e coa conselleira da Cultura para os próximos días, e así llo queremos comunicar.

-¿Que pretende a Academia Galega da Lingua Portuguesa?

-Está legalizada a asociación cultural pro-Academia. Somos unha entidade cívica integrada por profesores, escritores, empresarios, avogados, profesionais de diversos ámbitos. Pretendemos actuar con rigor científico e continuidade histórica. Realizamos contactos institucionais no exterior e temos proxectos editoriais, e outros, que se coñecerán nos próximos meses, cando se constitúa a Academia.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | Ângelo cristovão «Galicia debe participar na lusofonía con normalidade»

Valora o mercado e a lingua dos países lusófonos como «unha oportunidade e non unha ameaza para nós»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Galicia debe participar na lusofonía con normalidade»
| paco rodríguez
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd