pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

A Universidade promove aos grupos afeccionados das vilas galegas no ciclo Teatro (é) Educación

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

O teatro afeccionado das aldeas e das vilas de toda Galicia vaise representar en Compostela dentro do ciclo Teatro (é) Educación, organizado pola Facultade de Ciencias da Educación co apoio da Vicerreitoría de Cultura e da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

O programa, que se vai desenvolver da Facultade de Filoloxía, inclúe conferencias arredor do feito teatral e representacións, que nesta primeira edición van a estar a cargo dos grupos de teatro Andaravía, de Vedra, que vai presentar hoxe ás 22.00 horas a obra Metus extremus ; O Bordelo, de Cervo (A Mariña luguesa), que representará o día 8 O mariñán ; e Charetadas, de Cabreiros (Xermade), que porá en escena o día 15 Os vellos non deben de namorarse . A última función estará a cargo do grupo de teatro de Ciencias da Educación, o primeiro da súa historia recente, dirixido por María Ordoñez, que presenta AMOR triscos: cousas que dicirnos .

Antes de cada representación, ás 20.00 horas, pronunciará unha conferencia un membro ou o director de cada grupo. Ábrese coa intervención de Antonio Vázquez Turnes, de Vedra; e seguirán Francisco Piñeiro, de Cervo; Xosé Manuel Felpeto, de Cabreiros, e María Ordoñez.

O vicerreitor de Cultura, Elías Torres, subliñou na presentación que o máis relevante desta iniciativa «é o seu alcance humano, porque o teatro popular é unha das vértebras da comunidade histórica e actual». Estivo acompañado do decano e o vicedecano de Ciencias da Educación, Lois Ferradás e Xesús Rodríguez, e o coordinador de Artes Escénicas da Consellería de Cultura, Xavier Campos.

 

ENVIAR NOTICIA  

A Universidade promove aos grupos afeccionados das vilas galegas no ciclo Teatro (é) Educación

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd