«Santiago é moi universal, moi europea, pero non acaba de superar un certo aire provinciano»

La Voz

SANTIAGO

Para esta compostelá de corazón e de alma, «é difícil» que Santiago sexa a cidade que a ela lle gustaría que fose, «porque segue tendo un corsé, hai un punto que lle queda por saltar, porque non acaba de integrar o certo cosmopolitismo que acadou no que é o Santiago de verdade. É aí está o problema do número de habitantes, porque non se acadan os cen mil, para chegar a ser a gran cidade de Galicia. É moi universal, moi europea e o que queiras, pero non acaba de superar un certo aire provinciano». Laiase, tamén, da apatía e a falta de sentido de cidade «que impide que prosperen iniciativas sociais e culturais innovadoras».