29 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
As performances destas tres artistas foron promovidas e producidas polo servizo educativo da Fundación Caixa Galicia, interesada en promover a relación dos novos artistas coa obra de Jannis Kounellis, o artista grego referente da arte contemporánea internacional que expón por primeira vez en Galicia, nunha mostra sen precedentes na que traballou directamente inspirándose no pozo que persiste no edificio restaurado deste sede cultural, pola vinculación deste elemento coa memoria, que é o que determina a produción artística de Kounellis, que recibirá documentación gráfica e visual das dúas intervencións inspiradas na súa obra.