pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Xerais edita a obra gañadora do certame literario Terra de Melide

Xesús Manuel Marcos é o autor do libro, que se presenta hoxe na Casa do Concello

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

Baixo o selo da Editorial Xerais porase á venda nas librerías A lúa dos Everglades, título da obra gañadora da sétima edición do certame de creación literaria Terra de Melide que convoca o Concello. O consistorio melidense acollerá este mediodía a presentación do libro, que correrá a cargo do seu autor, Xesús Manuel Marcos.

A distinción da novela acordárona por maioría os membros do xurado do certame, que destacaron da proposta literaria «a integración de tres historias de emigrantes, que conforman un thriller engaiolante, onde o autor mantén en todo momento a tensión narrativa, non exenta de fortes doses de lirismo». Coa publicación de A lúa dos Everglades, Xesús Manuel Marcos situará no mercado editorial o seu quinto libro. Natural do municipio lucense de Seoane do Courel e afincado en Madrid, o escritor acumula outros tantos galardóns polos seus traballos literarios.

Obtivo o Premio Modesto Rodríguez Figueiredo do Pedrón de Ouro polo seu relato Aliados Solitarios, co que se deu a coñecer como narrador no ano 1994. Cos seus libros, Marcos tamén se fixo cos premios literarios convocados polos Concellos de Ferrol, Marín e Arteixo, e co Merlín de literatura infantil e xuvenil.

A obra gañadora da sétima edición do certame de creación literaria Terra de Melide é a terceira novela da autoría de Xesús Manuel Marcos, cunha bibliografía na que priman os libros de relatos. Na presentación hoxe do seu último traballo narrativo, Marcos estará acompañado polo director xeral da Editorial Xerais, Manuel Bragado, e pola alcaldesa melidá, Socorro Cea. No acto, aberto ao público, tamén estarán presenten membros da corporación municipal e representantes das distintas forzas vivas locais.

Coa convocatoria literaria, o Concello de Melide busca contribuír ao fomento da escrita inédita en galego. De feito, a autenticidade da obra e o idioma son os únicos requisitos que se esixen para poder concorrer ao certame, que é un dos mellor dotados economicamente en concepto de premio para o autor da obra distinguida. A cuantía é de 6.000 euros. O certame municipal tamén se distingue pola súa independencia tal e como evidencia o feito de que unha das edicións quedase deserta.

 

ENVIAR NOTICIA  

Xerais edita a obra gañadora do certame literario Terra de Melide

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd