A Consellería de Presidencia apoiará a implantación da administración electrónica

E.F.

SANTIAGO

O Concello de Santa Comba obterá a cesión en propiedade de tres equipos informáticos de última xeración para a implantación total da administración electrónica, segundo a comunicación recibida dende a Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Este novo equipamento informático e de telecomunicacións inclúese dentro do proceso de modernización da administración xalleira coa intensificación da cooperación coa Xunta para a consolidación e prestación de maiores servizos prestados a través do denominado Portelo Único e o portal informático Eido Local, novedosos instrumentos de xestión que permiten axilizar os trámites e simplificar a tramitación de servizos e documentos administrativos nas relacións establecidas entre a administración autonómica e a administración local.

A administración local electrónica será unha realidade total cando os servizos administrativos municipais poidan empregar esta ferramenta nas relacións interadministrativas, e dotarase de sinatura dixital os titulares da alcaldía, secretaría e intervención no prazo máximo de dous meses desde a recepción e posta en marcha do novo equipamento.

Esta axuda súmase aos 60.000 euros dese departamento para a modernización dos servizos administrativos, cunha primeira anualidade no 2007 de 12.500 euros que se está desenvolvendo nestes intres, a punto de rematarse.

Parcelaria

Desde que a alcaldía instara ao conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, para que levase a cabo ás concentracións parcelarias das parroquias de Arantón, Santa Sabiña e Freixeiro, este departamento ven de confirmar ca parcelaría de Arantón-Santa Sabiña, na que mediante sinaturas dos seus veciños a mediados dos setenta, por fin antes de remata-lo ano comecen as actuacións na zona.