Alonso Montero recopila 120 cartas de republicanos condenados a morte
O Ateneo de Pontevedra organizou o acto de presentación de dous libros para esta semana. Por una parte, a escritora e tradutora María Reimóndez estará hoxe na cidade para amosar a súa última novela, Pirata, publicada por edicións Xerais. E o vindeiro venres, o profesor Alonso Montero presentará Cartas o libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), tamén de edicións Xerais.
María Reimóndez, profesora de Literatura Española e Hispanoamericana na Universidade de Vigo, doutora en Filoloxía, poeta e escritora, ademais de feminista e fundadora e presidenta da organización non gobernamental de cooperación Implicados no Desenvolvemento, estará esta tarde, ás 20.30 horas, na Galería Sargadelos, para falar da súa obra. Xunto a ela participarán no acto, Mª Xesús Fariña Busto e Fran Alonso, xunto co músico Xabier Díaz.
Pirata é unha novela que fala da busca da identidade, da loita atroz pola liberdade en tempos difíciles, e da esperanza de poderse sentir no fogar, mesmo nos lugares máis insospeitados. No marco real do século XVIII as súas personaxes deixan no mar estelas que falan das múltiples posibilidades da vida.
O protagonista é Mark Read, a que lle levou moito tempo atopar o seu lugar. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aventuras na mariña mercante, por fin atopou a súa identidade como pirata, na cuberta do Williams. Mais se cadra, a súa busca non está completa, aínda lle queda moito por contar.
María Reimóndez é autora de libros de poemas e novelas, cas que conseguiu varios premios. Tamén ten escrito para rapaces.
Documento histórico
Por outra banda, o libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Alonso Montero, preséntase o venres, ás 20 horas, no Café Moderno.
Na obra, o profesor recolle cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena capital. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido.
O drama da Guerra Civil, e das súas consecuencias está recollido nestas cartas escritas nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras dun certo nivel literario. E todas constitúen un documento histórico de gran valor. Trátase dun libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que ademais, constitúe o «primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que se publica», segundo a editorial.
No acto estará Alonso Montero co catedrático de Filosofía, Ramón Regueira, e o director de Xerais, Manuel Bragado.
A asistencia é totalmente libre e aberta.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios