A Concellería de Normalización Lingüística e Yelmo-Cineplex organizan o programa Unha lección de cine , dirixido a alumnos e alumnas de secundaria que ten como obxectivo promocionar o cine en lingua galega. Na presentación da iniciativa, a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso destacou que esta convocatoria «pretente amosar aos rapaces e rapazas a posibilidade de ver cine comercial en galego».
A iniciativa inclúe sete títulos: O misterio Galíndez , Hotel Tívoli , Heroína , O concursante , Cando o mundo remate te seguirei amando , Un amor por descubrir e Mia Sarah , e un total de quince proxeccións. Explicou a edila que os centros escolares que queiran participar poden elixir a proxección desexada, chamando ao teléfono 986 810 281 de 9.30 a 14 horas. «Traballaremos cos estudantes coa preparación de unidades didácticas baseadas en temas transversais», dixo a concelleira.