«A Xunta do bipartito nunca estivo aberta para nós. Cada un pode valorar estes 4 anos»

La Voz

PONTEVEDRA

21 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A senadora lamenta, a nivel local, que tivo que producirse un cambio na Xunta para poder sacar adiante proxectos.

-Parte na cidadanía ten a percepción de que no Senado non se fai nada.

-Eu lles digo que o Senado é un instrumento máis. As demandas da Administración local escóitanse, incluso, con máis forza.

-¿Cal foi o senador ou senadora que máis lle sorprendeu?

-Pódese interpretar de dobre forma, pero me sorprende a constancia de Fraga.

-Un día no Senado é ...

-Pois chegas, tes reunións do grupo parlamentario, ultimas papeis, mirar convocatorias. E martes pola tarde plenos, que empeza as catro e acaba as dez, e recuperase o mércores as nove e media da mañá.

-¿Sanxenxo ou Madrid?

-Sanxenxo. Hai algo que botas de menos cando o perdes de vista. É o mar.

-¿Como foi a túa entrada en política?

-Primeiro nunha asociación xuvenil de Vilalonga, logo Telmo Martín me dixo que quería que fose a concelleira por Vilalonga. O comenzo foi moi duro.

-Como sentou o cambio da Xunta na casa consistorial.

-Con moita alegría, a pesar da situación económica. A Xunta do bipartito nunca estivo aberta para nós. Pero quero pensar que o color político ten que ver, senón estaríamos en tela de xuízo, pero o que pasou en Sanxenxo, para mostra un botón. Foron catro anos que cada un pode valorar.