pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.pontevedra
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | ADOLFO REBOREDO MAQUIEIRA ENCARGADO DE OBRA CIVIL DA AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA «Hoxe en día no porto traballa tanta xente como nunha cidade»

Testemuña de excepción, este traballador portuario defende a importancia vital da actividade deste recinto para a comarca

Autor:
Marcos Gago
Fecha de publicación:

O pasado día 2 Adolfo Reboredo (Fragas, Campo Lameiro, 1945) descubriu a placa dun peirao que leva o seu nome. Foi unha forma de render homenaxe a un traballador que destinou 32 anos da súa vida ao control das obras e mantemento do recinto portuario A cerimonia enmarcous na inauguración desta terminal, que contou coa presenza do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

-¿Que supuxo para vostede ver o seu nome escrito en letras ben grandes no peirao da terminal de contenedores?

-Eu sempre me levei moi ben con toda a xente en xeral e cos meus superiores. Gardo moi bos recordos de todos os presidentes da Autoridade Portuaria e quero darlles as grazas aos meus xefes porque sempre me apreciaron, pero chegar a unha cousa destas creo que non mo merezo. Eu vivo do meu traballo e me sinto moi orgulloso del. A miña cabeza é como un ordenador porque coñezo todas as instalacións dos peiraos. Se me chaman porque hai unha avaría sei onde se atopan as cousas e que hai que facer. Gústame o meu traballo.

-Esta non foi a primeira vez que os seus superiores e os seus compañeiros premiaron o seu labor.

-En 1996 fíxose o paseo da avenida de Ourense e puxeron unha placa co meu nome. Eu non contaba con ela e cando cheguei pola mañá vinna e linna. Non mo esperaba, dixéronme que ía ir cunha inscrición, pero non sabía que ía ser así.

-A súa familia non estaba ligada ao traballo no porto. ¿Como foron os seus primeiros anos aquí?

-Eu son dunha familia humilde de doce irmáns nacidos en Fragas nos anos da Posguerra. Empecei a escola en 1950 e seis anos despois cando tiña once, a mestra púxome a darlle clases aos máis pequenos. A mestra presentoume ao certificado de Estudos Primarios e saqueino. Ela estaba moi orgullosa de min. Pero tiven que deixar a escola e entrei nun grupo de gaitas a tocar o bombo. Comecei a traballar aos catorce anos.

-Ou sexa, vostede é autodidacta.

-Si, todo aprendino coa práctica. Empecei aos catorce anos e como non tiña carné no podía darme de alta no seguro e tiven que sacalo no 1961. Logo fun a Gerona e aos 19 anos xa tiña a catalogación de oficial de primeira. Despois houbo dous anos na Infantería de Mariña e a continuación traballei para Juan Ramírez en Pontevedra. Vivo en San Xurxo (Cotobade) desde 1966.

-¿E como comezou a súa vinculación co porto?

-Entrei en abril de 1976. Eu tiña un irmá, Antonio, traballando no porto e díxome que había unha praza vacante. Presenteime e conseguina. Era de albanel con categoría de peón especialistas e sobre a marcha fun ascendendo ao longo dos anos ata ser o encargado de obra civil.

-¿Como era isto cando entrou a traballar aquí?

-Non había máis que o peirao comercial e o antigo pesqueiro. Ademais acabábase de inaugurar a lonxa nova. Logo o porto foi medrando con novos peiraos de atraque, a terminal de contenedores, de froita, de graneis, os frigoríficos. E tamén están os paseos marítimos e o parque de Cantodarea.

-¿E como o ve agora?

-Moi ben e con futuro.

-¿Cal foi a obra máis complicada das que tivo que encargarse?

-Todas son complicadas nalgún que outro aspecto, pero a máis difícil foi o peche exterior do porto. Tiráronos as columnas e as vallas de noite moitas veces. E había que empezar de novo.

-Daquela foi máis difícil facer un peche que un recheo.

-Eu creo que non deber haber tantas polémicas porque o porto da moita vida á xente. Marín, se lle falta o porto, é unha ruína. Non sei porque hai tantas protestas. No porto traballa moita xente, nos frigoríficos, nos talleres. ¡Cantos obreiros hai nos talleres! O porto é o pulmón de Marín e non só de Marín senón tamén de parte de Pontevedra. A xente debía ter o orgullo de ter un porto coma este. Eu vexo todos os días o número de coches que entra para traballar e podo dicir que hoxe en día no porto traballa tanta xente coma nunha cidade.

-¿E que opina do tren?

-O tren foi unha cousa moi boa para o porto. Marchan as mercancías con moita rapidez.

-Vostede vaise xubilar en xaneiro. ¿Seguen os seus fillos os seus pasos?

-Os meus fillos non traballan no porto. O único outro familiar que tiven aquí foi o meu irmán que se xubilou o ano pasado.

-¿Que obra lle gustaría controlar agora?

-O peirao da terminal de descargas de cereais que se está a ampliar.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | ADOLFO REBOREDO MAQUIEIRA «Hoxe en día no porto traballa tanta xente como nunha cidade»

Testemuña de excepción, este traballador portuario defende a importancia vital da actividade deste recinto para a comarca

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Hoxe en día no porto traballa tanta xente como nunha cidade»
A traxectoria profesional de Adolfo Rebodero hónrase en Marín cun peirao co seu nome desde o día 2
Autor de la imagen: | JOEL MARTÍNEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.pontevedra
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.pontevedra
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.