pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.pontevedra
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Cotobade oferta este verán dez prazas para participar nun campo de traballo arqueolóxico en Carballedo

Autor:
Cristina Barral
Fecha de publicación:

Cando a asociación cultural e medioambiental Cañón de Pau de Cotobade naceu, alá polo ano 2000, unha das primeiras iniciativas que pensaron en levar a cabo os seus membros era un campo de traballo. Por falta de financiamento, ese proxecto non se puido facer ata este ano, según comentou onte Antolina Fernández: «Se a cousa sae ben a nosa idea é facer dúas quendas todos os anos. Este primeiro é un campo de traballo arqueolóxico, pero tamén é importante recuperar o patrimonio etnográfico».

O campo de traballo realizarase do 1 ao 15 de agosto na cruz do castro de Carballedo. É un xacemento fortificado da Idade de Ferro situado ás costas do lugar de Igrexa, un dos núcleos da parroquia de Carballedo. Foi construído sobre un outeiro e consta de varios recintos achanzados defendidos por murallas.

O campo, que organiza Cañón de Pau, conta coa colaboración da Comunidade de Montes de Carballedo. Tamén fai a súa aportación a escola de tempo libre Paspallás e a concellería de Cultura de Cotobade. Este ano farase unha sondaxe arqueolóxica dirixida por un arqueólogo profesional. O seu obxectivo é encadrar cronolóxica e culturalmente o xacemento e recoller toda a información posible para a súa posta en valor.

O campamento base, en tendas de campaña, estará instalado no campo de fútbol de Carballedo, que dispón do equipamento necesario (duchas, servizos, etcétera) e as comidas serán en restaurantes da zona. O campo está dirixido a mozos de 18 a 30 anos, prioritariamente con experiencia ou estudos relacionados con arqueoloxía.

O número de prazas ofertadas son dez e o prezo é de 100 euros. Esta inscripción, que haberá que facerse antes do 29 de xullo, inclúe catorce días en pensión completa, material xeral das actividades e seguro de responsabilidade civil.

Os interesados en participar poden recabar máis información no Concello de Cotobade (986???760???913) ou na asociación Cañón da Pau (649???219???478). Os promotores do campo inciden en que a parroquia de Carballedo, situada na conca do río Almofrei, está ateigada dun gran patrimonio arqueolóxico, etnográfico, natural e paisaxístico.

 

ENVIAR NOTICIA  

Cotobade oferta este verán dez prazas para participar nun campo de traballo arqueolóxico en Carballedo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.pontevedra
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.pontevedra
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd