Os alumnos de Ciencias Sociais e Comunicación festexarán a vindeira semana a súa patrona Santa Catalina, cun programa que este ano ven marcado polo seu carácter cultural, con actividades que se prolongan desde hoxe ata o día 23, véspera da festividade.
Un concurso de fotografía, ciclos de cine, proxeccións de longametraxes, conferencias e encontros con profesionais da comunicación son algunhas das ideas que os estudantes do campus propoñen para «preparar e facer partícipe a toda a comunidade universitaria da nosa festa», según indicaron onte. Co concurso Pontevedra en click todos aqueles que o desexen poden participar cunha imaxe baixo a temática de Pontevedra. «A idea é que os concursantes amosen a súa particular visión de calquera aspecto da cidade», sinalou a coordinadora Cristina Costa. O prazo de presentación finaliza este venres 18, e pódense consultar as bases na web www.lacoctelera.com/santakata08.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios