«PSOE e BNG berran na rúa contra a privatización e acaban de facelo coas piscinas de Oira»

M. A. ourense / la voz< / span>

OURENSE

06 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Traballadora social de 39 anos, Sofía Díaz é a cabeza de lista de Esquerda Unida en Ourense. Fala alto e claro e móstrase moi crítica co PSOE.

-¿Que lle pareceu a chamada ao bipartidismo do PSOE?

-O PSOE nos di que non hai posibilidade de alternativa, só de alternancia, de bipartidismo, recoñecendo que iso é un déficit democrático. Sen embargo, renuncian á súa ideoloxía para quedarse sentados nesa cadeira. Nós creemos que hai que ser de esquerdas toda a lexislatura. Por exemplo, o goberno municipal fala en campaña electoral de defensa dos servizos públicos. Atrévense a participar nunha manifestación na que membros do PSOE e do BNG berran na rúa contra a privatización e acaban de facelo coas piscinas de Oira.

-Sen embargo, a atomización da esquerda en Ourense daríalle ao PP tres deputados.

-Nós defendemos a necesidade de que todas as forzas teñan as mesmas oportunidades. A atomización da esquerda non é a causante da non representación. O que a causa é a lei electoral que desgraciadamente depende dos dous grandes partidos.

-¿Beneficia ou dificulta o 15-M aos obxectivos de EU?

-Creo que eses movementos se van dando conta de que só desde o público podemos cambiar o mundo. Desde a nosa casa, desde as rúas ou desde as prazas non podemos cambiar o mundo.

-¿Que pensa de que unha portavoz de Democracia Real Xa en Ourense fose en máis dunha ocasión candidata de EU?

-Pois non o sabía, pero Esquerda Unida leva reclamando democracia participativa e que cada voto conte por igual desde que existe. Nós nos sentimos próximos a estes movementos pero non queremos fagocitalos, soamente coincidimos nas cuestións que plantexamos.

-Falan de rexeneración democrática, ¿que lle parece que o PSOE leve como candidatos a profesionais da política?

-Da mesma maneira que na economía hai que atallar o fraude fiscal e a economía somerxida, na política hai que atallar esa profesionalización que acaba enviciando as persoas e que pode levalas a levar a cabo prácticas de corrupción e clientelismo.

sofía díaz gómez candidata de eu ao congreso

«Desde as rúas ou desde as prazas non podemos cambiar o mundo»