«O BNG non está actuando como a casa común do galeguismo»

Miguel Ascón Belver
MIGUEL ASCÓN OURENSE / LA VOZ

OURENSE

O novo líder do PNG-PG pide un cambio de rumbo no frente nacionalista

02 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Xosé Mosquera Casero, de 54 anos acaba de tomar o relevo de Iago Tabarés como secretario xeral do Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), a dereita dentro do BNG. Vinculado ao galeguismo desde o ano 79, reclama unha apertura do Bloque á sociedade.

-Prometeu darlle visibilidade ao PNG, ¿como pode acadarse tal obxectivo dentro do frente?

-Nós nos plantexamos que o frente claramente está en revisión e non o dicimos nós só. Pedímolo nós como partido, pero tamén outros grupos organizados ou os alcaldes que sacaron o debate sobre os posicionamentos políticos do BNG. Non sei se se seguirá co frente ou se buscará outra fórmula, pero creo que que está en revisión está claro.

-¿Cara onde cree vostede que debe dirixirse o futuro do BNG?

-O futuro do BNG pasa por facer visibles os perfiles que neste momento están bastante ocultos. Na miña opinión o proxecto político dalgún grupo é o que se visibiliza cara fora dunha maneira maioritaria e non os demais.

-¿Fala da UPG?

-Si. Os dous grupos de referencia que fan visible o abano político do BNG son a UPG e o PNG. Os que non se definen necesariamente de esquerdas non se fan visibles eu creo que o BNG está perdendo unha parte do apoio social que pode ter e iso se está traducindo nos resultados electorais.

-Insiste moito en que o BNG debe abrirse á sociedade, ¿que falla agora?

-O BNG non está actuando como a casa común do galeguismo. Os matices da esquerda estanse facendo máis visibles que os do galeguismo e nacionalismo. Hai que buscar un equilibrio e ter en conta a quenes teñen unha empresa ou unha actividade profesional liberal, que deben ser o motor da recuperación económica.

-¿Firmaría vostede o manifesto crítico coa dirección nacionalista dos alcaldes?

-O manifesto concorda en gran parte co que nós estamos facendo. Eles falaban de que hai escoitar á sociedade porque concorreron a unhas eleccións e os cidadáns os revalidaron sobre a premisa dunha xestión na que están contando con todos.

-O PNG tivo representación no Parlamento galego con Peña e logo con Tabarés, ¿aspira vostede a tomar o relevo tamén alí?

-Iso era no seu tempo unha parte da visibilización do sector que se move na socialdemocracia. Agora só se visibiliza a un dos grupos e a casa común do nacionalismo e do galeguismo ten que dar representación a todos os sectores.

-¿Qué resultado espera o 20-N?

-Falando en criterios de racionalidade e non de representacións escénicas, creo que os resultados de novembro non van ser bos. No mellor dos casos repetiremos resultados. No caso de Ourense, iso significa non obter representación, pero espero que nestas eleccións conte de maneira especial o perfil do candidato e non tanto o momento do BNG como forza política, que non é moi glorioso.

xosé mosquera casero secretario xeral do partido nacionalista galego

«Os resultados de novembro non van ser bos. No mellor dos casos repetiremos»