«Cando me dixeron que ía copresentar Luar, chorei moito»

Cándida Andaluz Corujo
cándida andaluz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

A artista carballiñesa foi elixida para conducir xunto a Xosé Ramón Gayoso o incombustible programa televisivo

07 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Maret (María Laura González González) sorrille a vida. Aínda non dá crédito, a partir de outubro a súa cara estará ligada a un dos programas da televisión autonómica de maior audiencia: Luar. É a nova copresentadora, xunto a Xosé Ramón Gayoso. O seu paso nun concurso de cantantes deulle a entrada no mundo da televisión.

-Unha sorpresa.

-A verdade é que non o esperaba. Dende o 24 de xullo co galo dunha gala especial non volvín a ver á xente do programa. Funme e vacacións e un día chamáronme. Dixéronme que tiñan una nova moi importante. Cando me dixeron que ía copresentar Luar, chorei moito. Non daba crédito e pregunteilles se era ou non certo. Choraba de ledicia.

-¿Cales foron os argumentos para a súa elección para participar no programa?

-O primeiro que me dixeron foi que non chorara, que eu valía e que por iso era a elixida.

-Ademais vostede ten xa experiencia la televisión.

-Despois do meu paso paso polo programa Factor X e polo concurso da galega seguín colaborando en diferentes programas de comentarista. Son unha rapaza moi aberta. Non me corto ante as cámaras, sáeme natural debe ser iso o que lles gustou de min.

-¿Como se prepara para esta nova aventura?

-Prepárome vendo o traballo de outras presentadoras e vendo como o fan. De momento tomarei unhas vacacións e en setembro comezaremos co traballo.

-Será unha oportunidade única para a súa carreira.

-É unha responsabilidade moi grande pero un gran escaparate para darme a coñecer, aínda que xa leva uns cantos anos nisto.

-¿Deixará a música?

-Non, ademais no programa vou a cantar moito. Agora tamén teño en mente gravar un disco. Levo moitos anos loitando pola carreira musical, por facer un oco, pero tamén sei que o meu mundo é a televisión.

maría laura gonzález, «maret» cantante