«Hai elementos moi modernos na arquitectura tradicional»

mar gil OURENSE / LA VOZ

OURENSE

02 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Iago Fernández Blanco é a metade de b+t arquitectos, unha empresa moi nova que comparte con Álvaro Touza Pol. Compañeiros de estudos na Coruña, en maio do 2010 abriron estudo na rúa Castelao, en Allariz.

-Malia a crise, creando empresas.

-Montar o estudo ten o valor engadido de montar algo para nós, facemos o que queremos e como queremos. É un proxecto pensando no futuro, non no momento inmediato.

-¿Cales foron os primeiros proxectos?

-Levamos feito obras de rehabilitación, traballos para otros profesioanis e desarrollos de proxectos en 3D.

-¿A rehabilitación ten que ver coa ubicación do estudo en Allariz?

-Aquí hai moitas oportunidades de rehabilitación e, ademais, aquí xa tiñamos local e é unha zona menos saturada de arquitectos, caso da Coruña, por exemplo.

-¿Que pretenden aportar como arquitectos?

-Vendo o potencial de Galicia, cun patrimonio tan desaproveitado en moitos casos, queremos aportar ideas distintas introducindo elementos modernos, pero respetando ese patrimonio. Falo tanto en rehabilitación como en nova construción. Hai elementos moi modernos na arquitectura tradicional que terían moita aplicación hoxe sabendo facer reinterpretacións.