pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

david gonzález couso «Piñor debe recuperar a Carmen Martín Gaite»

Autor:
x. m. r.
Localidad:
ourense / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Hai anos que David González Couso (Ourense, 1978) centrou a atención informativa e dos investigadores polo seu libro Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite. Logo desenvolveu outros traballos vencellados coa escritora (nacida en Salamanza en 1925 e finada en Madrid no 2000) e a súa última publicación, Os fíos da escritura, percorre a historia e a xenealoxía dos Gaite para reescribir a historia da familia e, en parte, de moitos dos acontecementos e dos episodios salientables de Ourense e outras partes de Galicia. González Couso é tamén o director de publicacións da editorial Toxosoutos.

-Toxosoutos creou unha liña editorial cunha denominación máis que evidente: Colección A Esmorga ¿que motivou a elección do nome?

-Queríamos dárlle un sinal de identidade moi claro e unha aposta por novas propostas e iniciativas nesta colección. E ao mellor algo tivo que ver a conexión ourensá do comité que a promove, tendo en conta que están, entre outros, Fernández Naval, Ramón Caride, Jorge Emilio Bóveda e Xerardo Méndez.

-¿Que se vai ofrecer nesta liña da editora?

-Os contidos van ser moi diversos pero queremos que teña unha identidade como colección: autores clásicos, tamén da propia literatura galega, traballos filolóxicos, ensaio, narrativa, teatro e poesía. Unha sátira de Séneca é a nosa nova proposta.

-En «O fío da escritura» recupera a pegada de Carmen Martín Gaite, ao traverso da súa familia, en Ourense e en Galicia ¿queda aínda memoria viva da autora?

-Quedan familiares, curmáns da escritora, que aínda manteñen a memoria e lembranzas de Carmen Martín Gaite. Esas pegadas e o material que fun recollendo aparecen refrexados na miña obra.

-¿A asignatura pendente de Ourense é recuperar a memoria da autora?

-Queda traballo por facer, en Ourense algo menos é de forma salientable en Piñor. Neste tipo de iniciativas sempre hai reticencias, decisións políticas e outros aspectos. Con todo, Piñor debe recuperar a memoria de Carmen Martín Gaite.

-¿Cal sería a fórmula?

-Sería algo a concretar, mais é de xustiza facerlle un recoñecemento a escritora.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Piñor debe recuperar a Carmen Martín Gaite»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Piñor debe recuperar a Carmen Martín Gaite»
González Couso é director de publicacións de Toxosoutos.
Autor de la imagen: m. villar
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.