«Presenteime sabendo que non teño posibilidade ningunha ante a xente relacionada con Baltar»
OURENSE
Compite con Belén Girón pola praza de técnico especialista en desenvolvemento local que ten a concurso a Deputación e está convencido de que a praza será para ela. Xosé Antón Vázquez Dorrío pensa que «ata para falar con Baltar fai falta enchufe».
-¿Por que se presenta se ten tan claro que os procesos de selección están amañados?
-Estou no paro e preséntome a todo o que sae, incluso a isto sabendo que non teño posibilidade ningunha ante a xente relacionada con Baltar. No meu está Belén Girón, que foi concelleira, presidenta de Novas Xeracións, baltarista e o seu marido, presidente do Clube Deportivo Ourense cando Baltar era o máximo accionista.
-¿Que opina de que os tribunais cualificadores están formados por numerosas persoas con relación co PP?
-Non teño nin idea quen os forman pero dáme igual porque sei o que vai suceder. Sucede en cada convocatoria. Fan as cousas entre amigos e se reparten os postos entre eles. O triste é que a Fiscalía permaneza allea e que a Inspección de Traballo permita todo isto.
-¿Pensa que actúan adecuadamente os sindicatos ante esta situación?
-Eu xa puxen en coñecemento da CIG como se fixeron outros procesos de selección e non fixeron absolutamente nada. Pasan de todo porque teñen as súas recompensas tamén. Ademais, o responsable de Comisións Obreiras na Deputación é cuñado de Baltar.
-¿Por que cree que hai moitos menos aspirantes ás oposicións da Deputación que ás de outras institucións?
-De todos eses aspirantes na Deputación a maioría é xente que saben que non é para eles a praza. Son tamén do PP e saben que van a facer o paripé. Saben para quen é a praza pero van a finxir que existe un concurso libre. Hai unha que sabe que vai aprobar e os outros que van a axudarlle porque no futuro serán eles os que van obter unha praza. Facer ese paripé ten compensación. É que non é normal que se presente tan pouca xente cando hai tanto paro. Estaría ben que fora máis xente porque así terían que poñer máis coidado.
-¿Qué medidas tomou vostede contra o que está a denunciar?
-Eu fixen hai uns días un recurso porque ampliaron o prazo para a presentación de instancias. Primeiro puxeron titulación de grao ou licenciado e logo engadiron ós diplomados pero, si ampliaron o prazo, debía ser só para os diplomados, que eran os que non se podían apuntar antes. Eu presentei o recurso e non me responderon, pedín cita con Baltar para falar con el e non ma deron. Ata para falar con Baltar fai falta enchufe.
-¿Cree que non se solicita a titulación acaída para as prazas a concurso?
-Pois mira, eu fixen o máster de axente de emprego e curiosamente a Deputación non piden ter ese máster para ocupar esa praza cando é un máster que organizan eles mesmos. Me parece un escándalo porque o máster é moi caro e beberían devolverlle os cartos a todos os alumnos.
-¿Pensa que o que ocorre na Deputación se reproduce en outras institucións?
-A min xa me parece algo habitual. Véxoo en todas as institucións. Estano facendo igual hoxe no Concello. Non é cousa de Baltar nin do PP porque o fan todos. O que hai que facer é denuncialo e criticalo.