Un bo amigo chamado Miro, cronista oficioso da Limia, rescatou fai uns días a interesante teoría da fiestra rota para ilustración compartida. A devandita teoría, desenrolada nunha universidade americana nos anos setenta, baséase en experimentos de psicoloxía social con automóbiles aparcados perante longo tempo en distintos barrios, e céntrase no estudo do literal canibalizado que progresivamente sufrirán, con independencia do status do barrio, ata quedar en pouco menos que nun triste enramado de ferros. E todo a partires do instante en que se produce o golpe na fiestra. A fiestra rota ceibará a ruptura dos códigos de convivencia dando paso ó deterioro, ó desinterese.
A despreocupación que salta a franqueira da lei e a norma e chega atravese da degradación ata a irracionalidade. Esta teoría vén a demostrar que aplicando políticas de «tolerancia cero» desde os pequenos delitos, freando o avance dos apenas insignificantes, pódese chegar a crear dinámicas sociais que non dean paso a delitos maiores, os graves; e en consecuencia, procurar comunidades máis seguras, ordenadas e limpas. Poderíase dicir que en Xinzo xa fai trinta anos que recibimos aquel primeiro golpe na fiestra. Hoxe os efectos son máis que visibles. Lonxe de ser unha comunidade limpa e ordenada que non permite transgresións da lei e das normas de convivencia, onde non vale todo, estamos a padecer as irreparables consecuencias do seu canibalizado .
Un proceso que afecta a todos os eidos, desde á seguridade como os reiterados roubos de tráilers ou desvalixado de autos, ós servizos básicos como vinte pobos e vinte rúas sen saneamento, ata ó mesmo Grupo Local de Goberno de Xinzo, canibalizado pola descomposición sucesoria e o abandono dos intereses e dereitos da veciñanza.