«Este ano recuperar a Diplomáticos de Montealto foi coma se volvesen os Beatles para meus pais»
OURENSE
-¿Canta xente traballa para que o festival saia adiante?
-Entre camareiros, produción, sonido e merchandasing somos sobre 150 persoas. Tendo en conta que hai tres zonas habilitadas -é dicir Acearrica, Campo de Vilanova e casco antigo da vila- pois precísanse moitas persoas.
-¿E na organización?
-Milocho, Miguel máis eu. Somos tres.
-¿Con canto tempo de antelación comezan a preparalo?
-Empezamos a preparar determinadas cousas case cun ano de antelación. Normalmente comezamos a mirar grupos e demais a partir de outubro. Esperamos sempre que remate o verán das festas, que soe ser co san Froilán de Lugo, e logo xa nos pomos.
-¿Como recaudan cartos?
-O principal xeito son os patrocinios. Este ano Heineken, Burn.... Tamén hai entidades públicas como o Xacobeo 2010 e a Xunta de Galicia. O certo é que co tema da crise este ano a Xunta baixou un chisco as axudas para o festival. Estes serían os que dan cartos, pero logo o Concello colabora con infrasestruturas, persoal... Hai entidades máis pequenas da vila que fan aportacións económicas, descontos na comida ou poñen a nosa disposición habitacións.
-¿Cales son os artistas dos cales levan tempo detrás e non conseguen traelos?
-Hai varios, un deles é Manu Chao. Tamén Gogol Bordello ou Los Fabulosos Cadillacs. Levamos tempo detrás deles pero por diferentes circunstancias non os damos traído.
-¿Para vostede cal é o día grande do festival?
-Penso que sempre é o sábado. O venres hai grupos máis coñecidos a nivel nacional en cambio o sábado é diferente. Pero claro, isto é cuestión de gustos e opinións. Depende de como se mire xa que o nivel de festa é maior o venres. Este ano recuperar a Diplomáticos de Montealto foi coma se volvesen os Beatles para meus pais. ?Para min o día forte é o sábado pero cadaquén pensará unha cousa.