«Este lugar e este momento son especialmente emotivos»

Cándida Andaluz Corujo
Cándida Andaluz OURENSE/LA VOZ.

OURENSE

29 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Notábase que Luís Manuel García Mañá estaba onte como na súa casa. Os abrazos e os saúdos agarimosos, máis que protocolarios, dos presentes daban conta dun acto con un profundo sentimento.

-A presentación de hoxe ten una valor engadido.

-Para min estar aquí ten un valor emocional. Hai moitos referentes incluso do meu bisavó materno, Domingo Antonio ao que vai dedicado o libro, foi un emigrante ao Brasil, un daqueles que foi e non retornou. Pero hai outros espazos de emoción nos que me atopo que é que estudei aquí e curiosamente o director acaba de traerme o exame de ingreso que está perfecto todo menos unha falta de ortografía. Nesta sala, no paraninfo, escoitei a Otero Pedrayo sendo neno, lémbrome de Vicente Risco e logo de profesores como Ogando ou Souto Vila. Nese campo xoguei e manqueime e metéronme máis de catro goles. Esta é unha maneira de encontrarme con espazos sentimentais. Esto ten máis que ver co valor sentimental que co literario.

-Era importante que se presentara aquí.

-Eu escollín este sitio, aínda que me deron outros con moito valor emocional, pero nunca estivera aquí presentado un libro meu. É un lugar onde pasei os meus primeiros anos de estudante serio, esas cousas son un plus engadido de orde sentimental que ten moito que ver coa miña ourensanía e que agora conecta con certos aspectos galeguistas aínda que aquí non sempre se falou en galego.

-¿Que supón para vostede o tempo no que escribe?

-É o meu momento de lecer. Traballo moitas horas e teño unha válvula de escape que outros ten co fútbol ou coa música. Leo libros de historia e dereito e saco apuntes. Cando chega as vacacións, escribo.

-Atopou unha maneira de facer literatura.

-Este é o último dunha triloxía. Digo o último pero non o derradeiro. En todas hai un factor común que é o contido histórico.

-¿Que ten a súa profesión no que escribe?

-Creo que o ensaio e a pescuda histórica ten unha empatía enorme coa miña profesión. Na miña profesión hai que ir xuntando pezas para chegar a un fin, sabelas xuntar e ter a intuición e saber onde poder atopalas. E iso dáse tamén no ensaio.