«A educación ten que estar por riba de diferenzas políticas» «Eu penso que un pacto educativo é imprescindible» «Para nós é asunto de Estado e ten que ter máis orzamento»

La Voz

OURENSE

«O pacto da educación é necesario pero non porque houbera moitos cambios. É necesario polos resultados obtidos, que non son favorables. O índice de fracaso escolar en España é dun 315 e en Galicia dun 25,4%. O sistema educativo non está funcionando ben e hai que diagnosticar ben. Eu penso que un pacto educativo é imprescindible. O éxito está na excelencia do profesorado. Un bo profesor con pouco orzamento pode lograr o éxito».

«Os estados que apostaron pola educación afrontan con maior solvencia a crise. Os políticos en España chegaron á conclusión da necesidade dun pacto necesario que aperte o sistema educativo da política. A educación ten que estar por riba das diferenzas ideolóxicas. A educación selectiva para uns poucos hoxe está sobrepasada. O sistema público te que chegar a acordos de todas as forzas políticas para unha educación de calidade».

«O pacto educativo para nós é un asunto de Estado e ten que ter máis orzamento, ampliar a oferta na educación infantil de 0 a 3 anos,, reducir as taxas de abandono temperán e o fracaso escolar, incrementar a atención á diversidade, estender os servizos complementarios, aumentar os niveis de escolaridade na secundaria postobrigatoria, ter unha FP acorde ás necesidades, adaptarse ao Espazo de Educación Superior Europeo e valorar ó profesor».