pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.ourense
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | beatriz comendador rey Profesora de prehistoria no campus de ourense «Reubicamos xacementos arqueolóxicos errados»

Comendador dirixiu un proxecto arqueolóxico no Monte Urdiñeira en Riós e A Gudiña

Autor:
Jesús Manuel García
Fecha de publicación:

Promocionado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e con financiamento da Deputación, o equipo de Beatriz Comendador rematou a intervención arqueolóxica no Urdiñeira, na zona meridional de A Gudiña e situado de xeito parcial no norte de Riós. A intervención entra no proxecto Organización territorial da provincia de Ourense na Idade Media (séculos XII-XV) da Facultade de Historia.

-¿Que obxectivo teñen?

-Analizar os patróns de asentamento poboacional e a constitución como área de tránsito da Serra da Urdiñeira, enclave moi representativo da rede viaria ourensá cunha excepcional riqueza patrimonial froito da súa remanencia no tempo.

-¿Como estruturaron o traballo?

-Primeiro houbo un traballo de gabinete, revisando a cartografía dos planos e da foto aérea. Fíxose un control e procura de topónimos significativos arqueolóxicamente na cartografía e enquisas etnográficas, resultando na corrección de algúns topónimos. Tamén consultamos fichas do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta e expedientes das intervencións feitas, entre outra documentación. E logo tivemos o traballo de campo.

-¿Que datos atoparon?

-Localizamos os xacementos e lugares de interese cunha prospección intensiva. Na zona á volta da Urdiñeira fíxose unha prospección extensiva en lugares moi concretos.

-De todo isto, ¿que é o que máis destaca?

-Os resultados no lugar do achado da estatua menhir de Tameirón. A revisión do contorno do pobo deu resultados interesantes. Foi posible localizar o lugar do achado, que non estaba ben catalogado nas coordenadas nin na cartografía.

-¿Cal é ese lugar?

-O Cichón. Apareceron cerámicas no entorno das terras de cultivo cunha adscrición indeterminada pero tamén elementos catalogables como da prehistoria recente. Localizamos dous túmulos próximos, un deles é o Cabeza de Cichón, nun estado de boa conservación, non así o outro.

-¿Cando foi atopado o menhir?

-No 1992 por un veciño na súa finca e hoxe está no xardín das escolas vellas do Toural na Gudiña. Con luz artificial fixemos un rexistro nocturno para ver con detalle posibles elementos gravados nas zonas máis deterioradas da pedra.

-¿Que labor de divulgación prevén?

-Fixemos un blog, tivemos un obradoiro previo cos veciños en Riós para intercambiar informacións. Na feira da castaña queremos facer algunha actividade e, na Facultade, dar unha conferencia.

-Pagou a pena o traballo.

-Si. Reubicamos xacementos antes errados, contextualizamos mellor a cultura material cos achados atopados nesta zona e podemos consolidar a alta potencialidade da zona en recursos paisaxísticos e culturais para poñelos en valor.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | beatriz comendador rey «Reubicamos xacementos arqueolóxicos errados»

Comendador dirixiu un proxecto arqueolóxico no Monte Urdiñeira en Riós e A Gudiña

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Reubicamos xacementos arqueolóxicos errados»
Beatriz é profesora da Facultade de Historia
Autor de la imagen: | CARLOS FOLGOSO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.ourense
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.ourense
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.ourense
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.