«Temos o único campo de traballo social de Galicia»

OURENSE

Voluntarios de toda España pasaron unhas vacacións especiais en Ourense axudando a asociacións benéficas

28 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Concello de Ourense acaba de pechar unha iniciativa pioneira en Galicia, un campo de traballo social. Millán Brea, ourensán de 27 anos, participou como responsable da empresa Lúcete e espera que a actividade poida repetirse tralo éxito da primeira edición.

-¿En que consistiu a actividade?

-Tratouse dun campo de traballo de carácter social organizado co obxectivo de dinamizar cultural e socialmente unha serie de entidades sen animo de lucro que foron Aspanas, Morea e Aixiña. Se visitaron polas mañás e se facían traballos coa xente. Tiñamos total dispoñibilidade para propoñer e facer actividades.

-¿Que tipo de participantes tivo?

-Viñeron de toda España. Os campos de traballo son como campamentos para maiores de 18, este concretamente de 18 a 24. Pagan 70 euros e están os quince días. Son unhas vacacións tiradísimas de prezo pero ten moitísimo mérito que veñan a facer traballo socia. Traballaron con xente con alzhéimer, discapacitados enfermos mentais, que non é fácil. Aínda así, polas tardes tiñamos actividades máis turísticas e eles mesmos reclamaban facer máis actividade social.

-¿É necesaria algunha condición especial para participar?

-O que teñen que ter é actitude. Se ti queres, vas a poder conseguilo. Nós tiñamos estudantes de medicina, de veterinaria, de traballo e educación social e educación, unha quiosqueira, unha perruqueira... O perfil era moi variado e o que lles unía é que pagaron por poder traballar coa xente. O voluntariado o fas gratis, aquí aparte de dar tempo das cartos e é moi duro. A xente saía chorando ás veces.

-¿Implicáronse as administracións?

-Sen a Dirección Xeral de Xuventude e Concello de Ourense non poderíamos facer o campo de traballo. O principio parecía un pouco utópico organizar este tipo de cousas, pero conseguimos que a utopía se cumprise. A ver se para o ano, podemos repetir. Non esperaba a repercusión que tivo este ano aínda que o importante non é a repercusión senón o traballo ben feito. Tiñamos claro que queríamos traballar dunha forma para transmitir o que queremos do mundo. O de Ourense é o único campo de traballo social de Galicia e iso é importante.

-¿Como reaccionaron os beneficiarios?

-Con moitísimo agradecemento. Nos centros xa nos agradeceron que rompésemos coa rutina. A xente, en Aspanas o primeiro día que estivemos escribiron cartas de agradecemento, pedindo que volvesen ó día seguinte. Que alguén vaia alí e o único que queiran sexa estar con eles e pasar o tempo xa é moito. Que cada persoa sexa importante.