Só o 6% dos habitantes de Ourense se declara galego falante segundo a Real Academia Galega

La Voz

OURENSE CIUDAD

Segundo o último estudio elaborado pola Real Academia Galega só o 6% dos cidadáns de Ourense se declara como galego falante, fronte ao 27% de habitantes da cidade que recoñece que só fala en castelán. O 48% da poboación da cidade asegura que fala máis en castelán que en galego e o resto mantén que fala máis en galego que en castelán. A estatística foi dada a coñecer onte polo presidente da Mesa pola Normalización Linguística, Carlos Callón, e pola responsable en Ourense deste colectivo, Susana García.

García asegurou que se está a dar un importante retroceso na presenza do galego na cidade de Ourense «e non é xa que haxa nenos que non o falen, e que non o entenden». Os responsables da Mesa pola Normalización diron a coñecer o informe nunha rolda de prensa na que denunciaron a manipulación que se está a facer co idioma e lembraron que «o que diga que se está impoñendo o galego e que o castelán está en perigo e que está vivindo noutro mundo. De feito en Ourense o galego sigue sendo unha lingua extranxeira», segundo Susana García.