O Boi visto tras un obxectivo

OURENSE

O interese de Lonely Planet e National Geographic por o Boi e o último capítulo da relación existente entre a imaxe e a festa

14 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A presenza dunha produtora audiovisual os últimos días en Allariz tiña como obxectivo a gravación de imaxes que se incluirán nun documental sobre o norte de España que Lonely Planet e National Geographic distribuirán en EE.UU. e Australia. Un feito que responde ao interese dos afeccionados da imaxe, quenes aseguran que «as carreiras do Boi son propicias para a fotografía, xa que cos nervios e a preocupación polo boi, fai que se esquezan das cámaras, algo que facilita o traballo dos retratistas aportando naturalidade» ao seu traballo.

Situación, que cada vez sucede con maior frecuencia, dado que vivimos na era da imaxe dixital e a súa popularización fai que hoxe sexa común levar no peto unha cámara capaz de facer fotografía e vídeo. Dende a súa reinvención por iniciativa popular en 1983 ata a súa masificación a principios do novo século, o Boi e a imaxe conviven en todos os niveis, tanto no amateur como no profesional, inmortalizando momentos dunha festa que transcorre polas costas da vila tras o boi e as charangas que alimentan a troula nas xornadas festivas.

A fotografía primeiro, e a cartelería, a televisión ou o deseño gráfico, completaban un ciclo ampliado agora polo cine. Aí vén o boi é o título do documental que o venezolano Miguel Ángel López fixo ao longo da súa edición 2008. Un traballo que ao igual que o realizado ata o final, foi feito por «afición». Miguel Ángel coñeceu a festa pola súa profesión diaria, o fotoxornalismo, vocación que na presente edición aportou á imaxe do cartel oficial e a pañoleta.

«Me atraía desde que lo vi por primera vez y lo descubrí realmente a través del objetivo» confesa antes de continuar descubrindo a súa vontade ao admitir que «trataba de estar lo más cerca posible, siempre entre los Homes do Sedeño, que gracias a que conocía a algunos me dejaron estar con ellos para hacer mi trabajo». Aí vén o boi, foi preseleccionada para participar no próximo Festival de Cine de Ourense, ademais de esperar resposta doutros certames como Documenta Madrid ou Secuencia Cero de Vigo.

O común da imaxe dixital

A organización Xan de Arzúa, encargada de xestionar todas as actividades centrais e paralelas da celebración, foi consciente dende o inicio do incontable banco de fotos anónimas que cada ano se facían gracias a cada vez mais accesible incorporación da imaxe dixital e o seu tratamento na sociedade. Un feito sociolóxico que souberon aproveitar ao crear o Fotoboi, un certame gráfico -altruísta e deportivo- que unicamente busca a recompilación das imaxes nun catálogo anual coas mellores fotos, aportando un legado material que axudará a perpetuar os recordos da festa.

Outra das iniciativas relacionadas co audiovisual, é a posibilidade de seguir dende a web do Concello as carreiras dende calquera parte do mundo en directo, gracias as webcams instaladas na vila. Idea que se suma a outras mais veteranas, como a fotografía analóxica, que tal e como demostra o cartel oficial da edición 2003 cunha foto tomada a mediados dos anos 50, xa existía interese por retratar o que a festa deparaba.