«Sempre tiven claro que quería traballar en Galicia»

OURENSE CIUDAD

Tras dúas nominacións, conseguiu o premio a mellor actriz de reparto, galardón otorgado polos actores galegos

28 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Recibiu esta semana o premio á mellor actriz secundaria na gala dos galardóns María Casares, polo seu papel na obra, A boa persoa de Sezuán. Rebeca Montero (Ourense, 1967) exerce a súa profesión dende Compostela, «lugar no que sempre tiven claro que quería traballar, inda cando estudaba en Madrid».

-¿Sempre tivo claro que sería actriz?

-Dende que fago teatro si que ou tiven claro, o que supuxo que marchase a Madrid a estudalo condición indispensable do meu pai para poder adicarme a este oficio.

-¿Traballa por libre ou pertence a algunha compañía?

-Traballo por libre e onde me chaman, xa sexa en compañías, no Centro Dramático ou na televisión.

-¿En que traballa mais, cine ou teatro?

-No meu caso, o que mais fago é teatro, inda que o compaxino con series de televisión.

-¿Hai traballo dabondo para adicarse a este oficio en Galicia?

-A verdade é que no me podo queixar, sempre vivín do teatro e que continúe. De feito, as veces acumúlase o traballo e noutras hai un parón de meses, pero esta profesión é así e os actores xa estamos acostumados.

-¿Sempre tivo claro que quería traballar en Galicia?

-Sempre tiven claro que quería traballar en Galicia, inda cando estudaba en Madrid, xa que aquí tiña traballo e para estar de camareira en Madrid prefería facer teatro en Galicia na miña lingua.

-¿Resulta común entre os actores galegos?

-Si que é común. Eu coñezo a moita xente, incluso noutras comunidades españolas como Andalucía ou Cataluña, e a xente que marcha é unha minoría, inda que é unha decisión persoal.

-¿Está saturada a profesión en Galicia?

-Non o creo xa que é unha profesión na que sempre se necesita xente nova para facer papeis de novos, maduros ou maiores, o que supón unha renovación constante.

-¿Considera que o premio recibido a sitúa nunha mellor posición non gremio a hora de facer probas para obter papeis?

-A verdade é que en Galicia os directores xo nos coñecen de vernos noutros traballos, polo que é raro que se fagan probas, a non ser que veña un director de fora ou sexa algo puntual como unha proba de baile, de canto ou noutra tesitura que non é común.