O traballo de ocio e tempo de lecer da empresa «Ocitem Animación» vai dirixido a tres sectores: nenos, xoves e persoas maiores. Para Jaime González (Ourense, 1972), co-responsable da firma, os tres grupos merecen un esforzo personalizado e profesional.
- Para os nenos organizamos todo tipo de festas infantís con contacontos, actividades extraescolares, festas de aniversario, campamentos...; nos programas de xuventude cos concellos e administracións organizamos saídas culturais, actividades sobre novela negra ou iniciación en aventura, por exemplo; cos maiores estamos na Universidade Popular e facemos animación en centros sociais, residencias e agora tamén facemos animación a domicilio.
-É unha proposta novidosa.
-Queremos levarlle un pouco de ocio a quen non pode saír, lerlle libros, escribir, lembrar vivencias de atrás e ser comunicadores para mellorar a súa calidade de vida.
-Empezaron fai xa 10 anos.
-Agora a xente xa entende moito mellor o que é a animación; cando empezamos nin siquera nos concellos o tiñan moi claro, agora valórannos moito máis, xa saben o que queren. Tamén facemos fincapé na cultura popular, na educación ambiental e nos xogos tradicionais. Traballamos nos colexios polo medio ambiente, a saúde e a paz co xogo como instrumento educativo. Somos mestres e monitores de tempo libre.