«A xente poderá ver, por exemplo, cómo se afiaba antes unha navalla de afeitar»

OURENSE CIUDAD

Os obradoiros de oficios tradicionais serán uns dos protagonistas da mostra. Tanto é así que a praza Maior será escenario de exposicións e exhibicións en directo destes oficios. Un dos máis destacados será o que teña como protagonista aos afiadores, unha icona da sociedade ourensán. Da mano da asociación Ben Cho Shey. Ao fronte atópase Florencio de Arboiro.

-¿Que mostrarán os afiadores na mostra?

-Temos unha carpa que acondicionamos. Non cabe todo o que temos pero mostraremos rodas de afiar, fotografías e diferentes obxectos, para que a xente vexa un pouco cómo evolucionou este oficio. A xente poderá ver, por exemplo, cómo se afiaba antes unha navalla de afeitar.

-Haberá alguén na carpa mostrando o traballo dos afiadores.

-Si, estará pola mañá e polo serán.

-Quedan poucos afiadores en activo, pero aínda quedan moitos que conforman esta cultura inmaterial.

-Aínda quedan algúns traballando pero non demasiados. Queremos que na mostra sexan eles os que falen, os que conten as súas experiencias porque se non sabemos que todo iso perderase.

-¿Contarán con algo que poida sorprender?

-Un carro co que traballaba una afiador en Madrid, fotografías dos anos 50 e moitas máis cousas, pero o verdadeiramente importante é a testemuña dos que foron afiadores e percorreron os pobos de Ourense.

-Coincidindo coa mostra a vosa asociación ten este fin de semana un encontro

-Si, será unha comida mañá. Tentaremos ver como vai a asociación, o que fixemos ao longo deste ano.

-¿Como esta a saúde de Ben cho Shey?

-Agora somos 50 socios e levamos catro anos traballando. A xente debería implicarse máis pero comprendo que hai que dedicarlle moito tempo. Este é un mundo dinámico e queda moito por facer.