Onte pola noite Amencer celebrou o seu vixésimo primeiro aniversario e o fixo cun «cacao concerto». A presidenta da asociación, Nieves Reboredo (Ourense, 1978) fai balance deste tempo.
-¿Que supón para Amencer cumprir vinteún anos?
-Obriga a facer unha vista atrás a ver o longo camiño percorrido, fainos pensar no traballo que facemos agora, pensando no futuro. A todos nos gusta cumprir anos e a unha asociación xuvenil levada por voluntarios máis aínda.
-¿Que balance fai Amencer das actividades levadas a cabo na Semana Santa, en colaboración coa concellería de Xuventude?
-Foi a primeira vez que fixemos unha iniciativa así e xurdiu a partir do éxito do Campamento Urbano do verán. Participaron case sesenta rapaces e en días soltos. A valoración é moi positiva.
-¿É posible que se repita o ano que ven?
-Estas cousas cando teñen éxito, a experiencia é que se poden repetir. Como asociación, nós fixemos un gran esforzo, e a verdade é que hai boa relación coa concellería.
-¿Que podemos avanzar do Campamento Urbano deste año? ¿Hai algunha novidade?
-Intentamos que non sexa monótono, así que neste momento xa podemos dicir que haberá novidades. O lema deste ano será «Campamento Urbano, o refresco do verán».