pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.ourense
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | CAMILO BRANDÍN FEIJOO Profesor de psicoloxía na universidade de vigo «Os rapaces dubidan da honradez dos políticos»

No Día Mundial do Pensamento, que é hoxe, Brandín publica un libro para axudar a reflexionar

Autor:
Jesús Manuel García
Fecha de publicación:

É unha obra de reflexión crítica coa sociedade o que da contido a este libro coordinado polo profesor Brandín Feijoo, para que todos os públicos podan reflexionar coas ideas que aí se ofrecen. Advirte de que estase producindo non só un cambio climático senón tamén un cambio do pensamento. Construye tu porpio pensamiento. 666 é o título.

-¿Por que este libro?

-Porque hoxe en día o que máis está cambiando é o pensamento, sobre de todo nas novas xeracións. Desde que levo dando clase aquí noto un cambio abismal, o que pasa é que a sociedade aínda non fai caso desto.

-Eses cambios, ¿que dirección levan?

-Pois afectan á relixión, á política e á corrupción. É terrible o que pensan estes rapaces. Os seus problemas son as relixións, non cren en ningunha. A clave está hoxe na teoría do procesamento da información. Na Idade Media á xente dábaslle calquera información e como non sabía nada tragaba todo. Hoxe os rapaces teñen unha capacidade de procesar información tremenda. Dáslle datos e non os tragan. Fan unha escolma. Na Universidade non se fala de relixión pero dáselles información que procesan.

-¿E como procesa o individuo?

-Polos disquetes que lle metas na mente, como un ordenador. As relixións hoxe, tratadas desde o proceso de información, teñen todas explicación, a ciencia resólveche todos os problemas. Todo o que se fai é construtivismo mental.

-Dedícalle moito espazo á relixión no libro.

-Hai tres mil e todas son verdadeiras. Si ti metiches na mente o disquete de que a túa relixión é a verdadeira, para sacalo agora veste negro. As sectas son igual. Como lle metas o programa na mente a un individuo funciona. Algo que a psicoloxía che explica en tres segundos a sociedade non o capta.

-¿Cal é esa revolución de pensamento da que fala?

-É tremenda, xa está. Pero os tabús, os medios de comunicación, as relixións, non o permiten constatar pero non quere dicir que non exista. Os xóvenes pensan que canto máis se repriman máis grande vai ser a explosión. Ós nenos era mellor explicarlles o que é o procesamento da información antes de falarlle de catolicismo, xudaísmo ou de islamismo. A psicoloxía di que un resultado sexa un ou outro non depende de nada. Só depende do teu procesamento de información. Pero venche unha relixión e diche que vén de Deus. Claro, se metes iso na cabeza e o cres...

-Tamén se detén cos políticos...

-Estes rapaces teñen unhas capacidades tremendas de raciocinio e xa poden os bispos e políticos explicarlles o que queiran que non van convencer á maioría. Estes rapaces cren que o político só resolve o seu propio problema. Dubidan da honradez desta xente.

-¿Por que engade no título do libro a cifra 666?

-Porque son 666 reflexións. O 666 é un número como os outros. Que logo lle metas un disquete na mente, para crer que é o da besta, alá cada cal.

-¿Estamos manipulados?

-Claro. O problema é que hai moita xente que esta revolución que se aveciña non a traga. A realidade é dura. Outro dato. Estudantes de colexios relixiosos, cando veñen á universidade, ó procesar outra información, pásanse ó lado oposto. Como psicólogo digo que as relixións son todas constructos mentais.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | CAMILO BRANDÍN FEIJOO «Os rapaces dubidan da honradez dos políticos»

No Día Mundial do Pensamento, que é hoxe, Brandín publica un libro para axudar a reflexionar

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Os rapaces dubidan da honradez dos políticos»
| MIGUEL VILLAR
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.ourense
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.ourense
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd