Losada non dubida en dar a súa opinión respecto á realidade cultural de Ourense.
-Hai poucos días anunciouse que o Museo Municipal deixará de ser sala de exposicións para mostrar os seus fondos. ¿Que opinión lle merece?
-Eu recordo cando estaba en Alexandre Bóveda. Fixemos unha campaña por un museo potente da cidade. Daquela falabamos dun museo de arte. O mesmo pasou co Banco de España. Pensamos que podería ser bo para calquera cousa cultural. O tema do museo é o mesmo. Pasou como pasa en outros temas: se lle deu un nome falso. Nunca foi un museo, debería de chamarse sala municipal de exposicións. O Museo Municipal nin ten fondos nin lugar suficiente para mostralos. Os fondos municipais si son mil e pico pero non son bos fondos porque o Concello non se adicou a facer una colección, se non que foi xuntando
-Entonces, non son representativos.
-O que hai alí non é representativo porque iso costa moitos cartos e non están dispostos a gastalos. Se o montas e levas alí aos colexios, traumatizas a toda unha xeración de ourensáns. ¿Que fas agora coas magníficas exposicións que se podían ver alí?
-¿Canto tempo leva ao fronte da Casa?
-Vou a facer 30 anos. Case da corte dicilo. Teño 60 anos e xubilareime en catro ou cinco.
-Despois de tanto tempo, ¿como ve o futuro lonxe dela?
-Nunca botei a vista atrás. Teño un montón de cousas por facer. Queimarei as últimas etapas con tranquilidade. E logo farei cantidade de cousas que teño aí paradas. Estanme saíndo uns tomates preciosos e teño unha viñas en Asturias onde paso moitas temporadas ao ano.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios